Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Blog de la Peña Underground L´H.
Mouchos, curuxas, sapos e bruxas. Demos,
trasgos e diaños, espiritos das neboadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas. Feitizos das
menciñeiras. Podres cañotas furadas, fogar dos
vermes e alimañas. Lume das Santas
Compañas, mal de ollo, negros meigallos,
cheiro de mortos, tronos e raios. ouveo do
can, pregón da morte: Fociño do sátiro e pé de
coello. Pecadora lingua da mala muller casada
cun home vello. Averno de Satán e belcebú.
Lume dos cadáveres ardentes, corpos
mutilados dos indescentes, peidos dos infernais
cus, muxida da mar embravecida. Barriga
inútil da muller solteira, falar dos gatos que
andan á xaneira, guedella porca da cabra mal
parida. Con este fol levantarei as chamas deste
lume que asemellan as do inferno, e fuxirán as
bruxas a cabalo das suas vasoiras, índose
bañar na praia das areas gordas. ¡Oíde, Oíde!
os ruxidos que dan as que non poden deixar de
queimarse no augardente, quedando así
purificadas. E cando esta beberaxe baixe polas
nosas gorxas, quedaremos libres dos males da
nosa alma e de todo embruxamento. Forzas do
ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada:
se é verdade que tedes mais poder ca humana
xente, eiquí e agora, facede cos espíritos dos
amigos que están fora, participen con nós
desta Queimada.
2 comentarios:
Uy! Dios mio!!!
DIOS.... ME ESPARABA CASPA.. PERO TANTA...
MIRA QUE HASTA LOS ÚLTIMOS 20 SEG, DICES PELI MALA, PERO CUANDO SALE LO DEL TANQUE QUE ESTA DENTRO DEL AVIÓN UFFFF PA MEAR Y NO ECHAR GOTA....
Publicar un comentario